Mellorar as capacidades verdes, promover a sustentabilidade e atraer estudantes á Formación Profesional no sector marítimo
O Pacto Verde Europeo estableceu oficialmente como prioridades fundamentais clave para a estratexia da Unión Europea o enfoque nas competencias verdes, a sustentabilidade, a concienciación ambiental e a loita contra o cambio climático, en todas as áreas e sectores da unión. Este paradigma implica unha crecente demanda de habilidades verdes na maioría dos sectores económicos, así como unha prevalencia de debates sobre como lograr a transición a unha economía verde
En base a iso, Green Diving ten a intención de proporcionar Habilidades Verdes na educación de FP, cun conxunto de habilidades necesarias no cambiante mundo do traballo, incluídos os requisitos de coñecemento e competencia para facilitar a transición a economías e sociedades verdes.
Grupo-Objxectivo – Profesorado que ensina itinerarios de FP marítima. – Estudantado de Formación Profesional Básica (de 15 a 25 anos) – Itinerario de Formación Profesional Marítima – Equipos directivos de escolas marítimas de FP.
Obxectivos principais O proxecto Green Diving ten un dobre obxectivo claro que ten como base o desenvolvemento de recursos didácticos pedagóxicos, desenvolvemento de capacidades e procesos de codeseño que transmitirán: Sustentabilidade e desenvolvemento de habilidades verdes na FP marítima, traballando a nivel de estudantes de FP (futuros profesionais marítimos), así como profesorado de FP e directores de escolas de FP marítima. A elevación do atractivo das FP e profesións marítimas entre as comunidades escolares.